

Todos os días, de abril a outubro, ás 18:00 horas, o Convento de Herbón abre as súas portas para visitas guiadas. Os visitantes percorren os claustros, a igrexa e o valioso museo.
Pero o convento é moito máis ca un lugar de memoria: cada verán, acolle campamentos que reúnen a máis de 600 nenos e mozos, para gozar da natureza e da convivencia nun entorno único.
Ademais, o albergue de peregrinos ofrece acollida a quen chega polo Camiño a Compostela. Hai 30 prazas de aloxamento, e os peregrinos reciben cea e almorzo por donativo. Tamén misa con bendición, e poden facer uso dos espazos verdes, usar a cociña, o comedor e mesmo gardar as bicicletas.
Herbón é acollida, historia e vida compartida.






